Itinerarios lectores no IES Sofía Casanova

sábado, 26 de enero de 2013

QUE SON OS ITINERARIOS LECTORES?



Desde os distintos Departamentos do IES Sofía Casanova, e canalizados a través do Equipo da Biblioteca, chegan estes itinerarios lectores.

De que se trata?

  • Para os profesores é chamar ao que levan facendo nas súas clases durante anos dunha nova maneira.
  • Para os alumnos é algo que agradecen nos seus profesores e que lles pode facilitar a aprendizaxe. 


Os conceptos de cada materia non rematan cando soa o timbre. Pode haber unha forma de profundizar desde casa o visto na aula. Por que non unha biografía dalgún científico? Por que non unha novela histórica sobre ese período acabado de explicar?

Si, sabemos que resulta unha iniciativa ambiciosa, pero cremos que sumamente enriquecedora.
Trataremos de sistematizar aquí o que moitos profesores xa levan toda a vida practicando nas aulas. Recolleremos, organizados por áreas e cursos, aqueles textos relacionados coas nosas áreas de coñecemento.
A través do blog da biblioteca, de momento, y máis tarde mediante a nosa nova web que estamos a deseñar, trataremos de seleccionar criticamente algúns exemplares que poden axudar aos nosos alumnos a asimilar mellor algúns conceptos das nosas áreas.
Invitámosvos a todos a participar nesta nova páxina do noso blog que só pretende ser un instrumento máis do Proxecto Lector que estamos entre todos elaborando e levando ás aulas.